Casa San Martín
Historia da casa

Casa San Martín é unha Casa de Cociña tradicional dende 1975. Empresa familiar fundada por José Sanmartín Mariño e Dolores Soto Villaverde . A casa foi medrando á par que a familia tamén medraba.

Pérez o fundador e a s súas inquietudes para sacar unha Gran familia adiante.

Nos seus inicios comezou como Unha taberna que abría só os días grandes do Santuario de O Corpiño poñendo as coñecidas tapas de callos e outros pratos típicos das romerías galegas. Mais tarde ampliaría como taberna e almacén de materias de construcción debido á gran demanda de materias naqueles tempos que non existían este tipo de establecementos. En pouco tempo nun local anexo fabrica base lixivia da marca “lejías San Martín “ o que marcou un antes e un despois na historia da Nosa Casa. José Sanmartín o fundador ¡Pérez! Como todos lle soían chamar pasou a ser coñecido en gran parte dos pobos de Galicia debido á venta porta a porta de lixivia que facía cada día. Ainda hoxe chegan de calquera recuncho preguntando por el. A casa de comidas íase consolidando coa súa parrilla sempre acesa.

A importancia das mulleres

Lola que así é como todo o mundo a coñece, atendía os fogóns da cociña sempre rodeada de moitas mulleres sabias, a madriña Servanda, a madriña Avelina, a avoa Isolina,a avoa María, a madriña Perfeuta… e tantas outras que sempre deixaban o seu pequeno toque personal da cocina tradicional.

A casa sempre chea de xente.

Debido ó gran número de personas que buscaban un lugar onde durmir para poder facer os novenarios da Virxe a casa era Unha pensión que moitas veces sendo grande queda pequena.

Casa San Martín viva gracias a toda a familia

Despois de tantos cambios e co esforzo de toda a familia pasando un irmán tras outro poñendo o seu grauciño de area chegamos á actualidade convertendo Casa San Martín nun lugar acolledor e familiar para comer e pasar momentos especiais.

casa-san-martiño-nosa-historia-2
casa-san-martiño-nosa-historia-1